English   español  
Please use this identifier to cite or link to this item: http://hdl.handle.net/10261/110771
Share/Impact:
Statistics
logo share SHARE   Add this article to your Mendeley library MendeleyBASE
Visualizar otros formatos: MARC | Dublin Core | RDF | ORE | MODS | METS | DIDL | DATACITE
Exportar a otros formatos:

Title

Impacto do cambio climático nas condicións oceanográficas e nos recursos mariños

AuthorsBode, Antonio; Álvarez-Salgado, Xosé Antón ; Ruiz-Villarreal, M.; Bañón, Rafael; Castro, Carmen G. ; Molares Vila, J.; Otero, Jaime ; Rosón, Gabriel; Varela, Manuel
Issue Date2009
PublisherXunta de Galicia
CitationEvidencias e impactos do cambio climático en Galicia: 619-635 (2009)
Abstract[EN] We summarise here the possible impacts of climate change on the hydrography and dynamics of the marine ecosystems of Galicia, and their consequences for the exploitation of marine resources, over the period 2070-2100. These analyses are based on current knowledge about the response of the marine ecosystems of Galicia to the changing regional climate conditions, and the climate scenarios proposed by the Intergovernmental Panel for Climate Change (IPCC). The predictions are classified in three categories according to their reliability: low, medium and high. It is highly probable that sea level will rise by 0.5 to 1.4 meters, the sea surface temperature will increase by 1 to 3ºC, and seawater pH will decrease by 0.35 units by the end of this century. These effects would produce changes in the coastline configuration, affecting the distribution of intertidal organisms, especially the exploitable shellfish species, reducing the domain of sand beaches, dune systems and salt marshes. They would also reduce the thickness of the winter mixed layer and, consequently, produce a substantial reduction of the phytoplankton biomass during the spring bloom. The increasing occurrence of fish species of subtropical origin and the displacement to northern latitudes of species characteristic of temperate waters would be expected as well. Finally, acidification could have a significant impact on fecundity, larval survival, growth, and the calcification of exploitable shellfish species. Unfortunately, IPCC estimates about the future evolution of the coastal wind regime in our area are poor, which does not enable us to have a robust prediction about the variables strongly dependent upon the frequency and intensity of coastal upwelling, such as the renewal time of the Rías or their rate of fertilization that, in turn, directly affect the abundance, composition and activity of phytoplankton and zooplankton, sardine and octopus recruitment or blue mussel growth. In any case, invoking the principle of caution to the adaptation to climate change, it could be said that the response of the marine ecosystem of Galicia to a reduction of frequency and intensity of the winds of the same magnitude that occurred in the second half of the 20th century, in combination with the highly probable increase in sea surface temperature, would produce a duplication of the renewal time of the Rías, a decrease in their net productivity of 15%, an increase in the occurrence and the biomass of harmful dinoflagellates, a decrease in the growth rate of blue mussels, and a reduction in the captures of common octopus and Atlantic sardine, which would probably be displaced to northern latitudes
[GA] Neste capítulo recóllense os impactos que o cambio climático podería producir nas condicións hidrográficas e dinámicas dos ecosistemas mariños de Galicia no horizonte dos anos 2070- 2100 e as posibles repercusións negativas sobre os recursos mariños explotables de Galicia de acordo co coñecemento actual das tendencias observadas e dos escenarios climáticos previstos polo Panel Intergobernamental para o Cambio Climático (IPCC). A incerteza das predicións realizadas clasifícase nunha escala cualitativa con tres categorías: alta, media e baixa. As predicións apuntan con bastante fiabilidade a unha subida do nivel do mar entre 0,5 e 1,4 metros, un incremento da temperatura superficial da auga entre 1 e 3 ºC, e un descenso de pH en torno a 0,35 unidades. Estes efectos producirán, cunha probabilidade elevada, cambios na configuración da costas, afectando á distribución das especies intermareais, con especial referencia aos moluscos explotados nos bancos marisqueiros e á extensión dos areais, sistemas dunares e zonas húmidas. Tamén producirían un descenso acusado da capa de mestura invernal no océano adxacente a Galicia e, en consecuencia, unha redución substancial da biomasa de fitoplancto producida na proliferación primaveral. Igualmente, favorecerían a chegada ás costas galegas de especies de peixes subtropicais e a migración cara a latitudes maiores de especies propias de sistemas temperados. Por último, a acidificación pode chegar a ter un impacto relevante sobre a fecundación, o desenvolvemento larvario, o crecemento e a calcificación dos moluscos bivalvos explotables. Desgrazadamente, as predicións sobre a evolución do réxime de ventos costeiros son pouco fiables, o que impide ter predicións robustas sobre aquelas variables máis dependentes da frecuencia e intensidade do afloramento, tales como a taxa de renovación das rías ou a súa fertilización, que, pola súa vez, exercen un efecto directo sobre aspectos como a abundancia, a composición e a actividade do fitoplancto e o zooplancto, o recrutamento da sardiña e o polbo ou o crecemento e a calidade do mexillón. En calquera caso, e anticipando o principio de precaución requirido nas futuras medidas adaptativas, unha redución da frecuencia e intensidade dos ventos de compoñente norte da mesma orde da observada na derradeira metade do século XX, en combinación co aumento da temperatura superficial entre 1 e 3 ºC, produciría unha duplicación do tempo de residencia das rías, un descenso da produción neta en torno ao 15%, un aumento da frecuencia de aparición e da biomasa de dinoflaxelados, co conseguinte aumento do número de días de peche dos polígonos de mexillón, un descenso da taxa de crecemento e da calidade deste molusco e unha redución das capturas de polbo e sardiña, que probablemente se desprazarían cara a maiores latitudes
Description17 páginas, 2 tablas, 1 figura
Publisher version (URL)http://siam.cmati.xunta.es/resultados-do-proxecto
URIhttp://hdl.handle.net/10261/110771
ISBN978-84-453-4782-9
Appears in Collections:(IIM) Libros y partes de libros
Files in This Item:
File Description SizeFormat 
Cap31_Condicions_oceanograficas.pdf681,26 kBAdobe PDFThumbnail
View/Open
Show full item record
Review this work
 


WARNING: Items in Digital.CSIC are protected by copyright, with all rights reserved, unless otherwise indicated.