2024-03-29T10:40:26Zhttp://digital.csic.es/dspace-oai/requestoai:digital.csic.es:10261/1376842016-12-09T07:44:42Zcom_10261_36691com_10261_7col_10261_36697
Blanco-Rotea, Rebeca
Rodríguez-Paz, Anxo
Álvarez Martínez, Valentín
González Pérez, Leonardo
Blanco Llinares, Eduardo
2016-10-04T11:25:11Z
2016-10-04T11:25:11Z
2016-10
http://hdl.handle.net/10261/137684
http://dx.doi.org/10.13039/501100010801
A exposición permanente “O Castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño” naceu co obxectivo a dotar de contidos ao centro de interpretación do Castelo de Santa Cruz na Guarda (Pontevedra), un espazo fortificado, localizado no extremo oeste da fronteira luso galaica, que foi recentemente rehabilitado e posto en valor, o que implicou a súa recuperación para as veciñas e veciños guardeses e todos aqueles visitantes que se queiran achegar ao mesmo. Esta exposición foi unha iniciativa do Concello da Guarda, promovido polo mesmo concello, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, e na súa elaboración participou un equipo interdisciplinar de profesionais expertos en diferentes campos patrimoniais e pertencentes a distintas institucións. Localízase na parte alta do centro de interpretación e componse de sete torres retroiluminadas que dan soporte a catorce paneis centrados, fundamentalmente, na fortificación da fronteira miñota durante época moderna e na contextualización histórica da vila da Guarda. Articúlase en tres bloques temáticos situados na planta alta do edificio. O panel I contén a presentación do exposición. O Bloque I, composto polos paneis de cor azul, céntrase na contextualización histórica e xeográfica da temática da exposición, facendo un percorrido polo fenómeno da Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668), pola tipoloxía das fortificacións que se constrúen en época moderna na fronteira miñota, polo exército moderno e polo espazo xeográfico. O Bloque II, integrado polos paneis de cor berenxena, céntrase na vila da Guarda e a súa defensa. Neles cóntase unha historia breve da vila, a evolucións das fortificacións dende a Idade do ferro ata a época moderna, a historia e construción do propio Castelo de Santa Cruz e a súa integración no conxunto defensivo xerado en ambas as dúas marxes do río Miño durante a Guerra da Restauração. O Bloque III, integrado polos paneis verdes, fai un percorrido pola paisaxe defensiva de época moderna na fronteira miñota. Os paneis analizan a articulación das fortificacións en conxunto defensivo ao longo da raia, trátanse de maneira pormenorizada algúns destes conxuntos e péchase cunha análise de toda a paisaxe.
glg
openAccess
Castelo de Santa Cruz
Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda
A Guarda
Fronteira miñota
Guerra da Restauração Portuguesa
1640-1668
Arquitectura militar
Exposición
O castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño. Exposición
trabajo de divulgación