English   español  
Please use this identifier to cite or link to this item: http://hdl.handle.net/10261/137684
Share/Impact:
Statistics
logo share SHARE   Add this article to your Mendeley library MendeleyBASE
Visualizar otros formatos: MARC | Dublin Core | RDF | ORE | MODS | METS | DIDL
Exportar a otros formatos:

Title

O castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño. Exposición

AuthorsBlanco-Rotea, Rebeca ; Rodríguez-Paz, Anxo ; Álvarez Martínez, Valentín; González Pérez, Leonardo; Blanco Llinares, Eduardo
KeywordsCastelo de Santa Cruz
Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda
A Guarda
Fronteira miñota
Guerra da Restauração Portuguesa
1640-1668
Arquitectura militar
Exposición
Issue DateOct-2016
PublisherCSIC - Instituto de Ciencias del Patrimonio (Incipit)
Universidad de Santiago de Compostela
AbstractA exposición permanente “O Castelo de Santa Cruz na paisaxe fortificada do Baixo Miño” naceu co obxectivo a dotar de contidos ao centro de interpretación do Castelo de Santa Cruz na Guarda (Pontevedra), un espazo fortificado, localizado no extremo oeste da fronteira luso galaica, que foi recentemente rehabilitado e posto en valor, o que implicou a súa recuperación para as veciñas e veciños guardeses e todos aqueles visitantes que se queiran achegar ao mesmo. Esta exposición foi unha iniciativa do Concello da Guarda, promovido polo mesmo concello, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, e na súa elaboración participou un equipo interdisciplinar de profesionais expertos en diferentes campos patrimoniais e pertencentes a distintas institucións. Localízase na parte alta do centro de interpretación e componse de sete torres retroiluminadas que dan soporte a catorce paneis centrados, fundamentalmente, na fortificación da fronteira miñota durante época moderna e na contextualización histórica da vila da Guarda. Articúlase en tres bloques temáticos situados na planta alta do edificio. O panel I contén a presentación do exposición. O Bloque I, composto polos paneis de cor azul, céntrase na contextualización histórica e xeográfica da temática da exposición, facendo un percorrido polo fenómeno da Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668), pola tipoloxía das fortificacións que se constrúen en época moderna na fronteira miñota, polo exército moderno e polo espazo xeográfico. O Bloque II, integrado polos paneis de cor berenxena, céntrase na vila da Guarda e a súa defensa. Neles cóntase unha historia breve da vila, a evolucións das fortificacións dende a Idade do ferro ata a época moderna, a historia e construción do propio Castelo de Santa Cruz e a súa integración no conxunto defensivo xerado en ambas as dúas marxes do río Miño durante a Guerra da Restauração. O Bloque III, integrado polos paneis verdes, fai un percorrido pola paisaxe defensiva de época moderna na fronteira miñota. Os paneis analizan a articulación das fortificacións en conxunto defensivo ao longo da raia, trátanse de maneira pormenorizada algúns destes conxuntos e péchase cunha análise de toda a paisaxe.
DescriptionApertura ó público do Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz venres, 8 de xullo de 2016.-- Ficha Técnica: Comisaria da exposición: Rebeca Blanco-Rotea, Síncrisis, USC. Dirección científica: Rebeca Blanco-Rotea. Deseño gráfico e maquetación: Anxo Rodríguez Paz, Incipit, CSIC. Asesor científico:Felipe Criado-Boado, Incipit, CSIC. Textos: Rebeca Blanco-Rotea, Leonardo González Pérez, Valentín Álvarez Martínez. Debuxos de infantería e cabalería: Eduardo Blanco Llinares. Montaxe expositivo: Anxo Rodríguez Paz, Rebeca Blanco-Rotea, Francisco Alonso Toucido. Promotores da exposición: Concello da Guarda; Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia; Deputación de Pontevedra.
URIhttp://hdl.handle.net/10261/137684
Appears in Collections:(INCIPIT) Material de divulgación
Files in This Item:
File Description SizeFormat 
ExposicionCasteloStaCruz_Final.pdf37,95 MBAdobe PDFThumbnail
View/Open
Show full item record
Review this work
 


WARNING: Items in Digital.CSIC are protected by copyright, with all rights reserved, unless otherwise indicated.